A obra de Thomas Mann protagoniza as XI Xornadas Literarias en Neda e Ferrol

A obra de Thomas Mann protagoniza as XI Xornadas Literarias en Neda e Ferrol
mann, na imaxe, gañou o nobel no ano 1929

A Facultade de Humanidade de Ferrol e a Casa das Palmeiras de Neda acollerán os días 24 ao 26 de abril as XI Xornadas Literarias organizadas polo Concello de Neda e a Universidade da Coruña. Unha edición que estará adicada á obra e figura de Thomas Mann (1875-1955), o novelista alemán máis importante do século XX e autor de novelas tan importantes como “A montaña máxica”, “Os Buddenbrook” ou “Doctor Faustus”.

O programa de actividades comezará o mércores 24 ás 19.30 horas na Facultade de Humanidade do campus de Esteiro coa conferencia inaugural a cargo da filóloga, escritora e tradutora catalá Anna Rosell, quen pronunciará a conferencia “Thomas Mann: la humanización de un mito. I”.

 

na casa das palmeiras

O xoves 25 as actividades trasladaranse á Casa das Palmeiras de Neda. Alí, a partir das 19.30 horas o Club de Lectura da Biblioteca do IES Fernando Esquío falará do tema “Thomas Mann a través da súa Morte en Venecia”. Posteriormente o Departamento de Alemán da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol levará a cabo a actividade “Entendéndonos en alemán”, con lecturas e traducións de textos. Anna Rosell regresará coa segunda parte da súa conferencia sobre Mann, “La humanización de un mito. II”, para rematar a xornada con música. A bailarina e cantante cedeiresa Bea García realizará o seu “Tributo a Cabaret”, inspirado na Alemaña dos anos 20 e 30.

O venres a Casa da Palmeiras acolle a xornada final do congreso literario. Ás 19.30 horas Silvia Aldrei e Alba Viñas, da Asociación Galega de Xermanistas farán un curso básico de alemán. A continuación Rosa Marta Gómez, tradutora e profesora da USC, pronunciará a charla “De viaxe con Thomas Mann”. Finalmente, o crítico e programador do CGAI José Manuel Sande falará da relación do escritor co cine e, tras un coloquio, proxectarase a longametraxe “Muerte en Venecia” (1971), de Luccino Visconti.

A obra de Thomas Mann protagoniza as XI Xornadas Literarias en Neda e Ferrol

Te puede interesar