Antón Seoane narra en “De Voces Ceibes a Milladoiro” a raíz do nacemento do actual folk galego

Antón Seoane narra en “De Voces Ceibes a Milladoiro” a raíz do nacemento do actual folk galego
PELI /

“En tempos de crise, o vello non dá morto e o novo aínda non naceu”. Coa lúcida reflexión de Antonio Gramsci, Carlos Méixome enceta o prólogo ao traballo que vén de editar o músico e psiquiatra gAntón Seoane. “De voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega (1973-1978)” é un libro-CD publicado pola Editorial Galaxia que ilumina como un facho a escura intrahistoria que vai de comezos da década dos 70 ata o seu final. A inmensa transformación social que no eido da música galega supuxo o tránsito do mundo dos cantautores reivindicativos ao do folk co cal se identifica aínda hoxe a música popular do país.

xustiza histórica
Un traballo de varios anos inzado de material gráfico, carteis e recortes de prensa que se acompaña dun cedé con temas da época ahora regravados e incluso hai un documental homónimo de case dúas horas que por problemas de presuposto non se inclúe no libro e que si pode verse na plataforma R. As razóns do traballo, se tivera que habelas, resúmeas o propio Seoane. “O proxecto nace dunha necesidade persoal de lembrar o xérmolo do Movimento Popular da Canción Galega (MPCG), das experiencias propias e daquela compartidas con Rodrigo Romaní, Pilocha e tanta xente. Basicamente son dúas as razóns que me impulsaron e escribir este traballo. Por unha parte, semella que antes de Milladoiro non existía nada, que antes do 78 había un baleiro, cando eses cinco anos foron fundamentais no eido musical e xa non digamos no social e político, co cambio dunha ditadura a unha democracia. Por outra parte, eu vía que había un descoñecemento inmenso deses anos. Usábanse moitos datos falsos e unha ollada a internet devolvíache numerosos erros”.
Voces Ceibes, o nacemento do Movimento (sic) Popular da Canción Galega (MPCG) e a súa relación cos anteriores e as conexións políticas, o referencial concerto no Sar de marzo do 75, a experiencia no grupo Roi Xordo, a recuperación de instrumentos tradicionais como a zanfona, as primeiras gravacións, Faíscas do Xiabre e un festival de Ortigueira que xa se albiscaba polo horizonte conforman boa parte do relato que Seoane conta en “De voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega (1973-1978)”. Unha parte esquecida e agora recuperada do noso patrimonio sen a cal moito do que veu despois non sería igual dentro da música de seu que Galicia soubo ofrecerlle ao mundo. n

Antón Seoane narra en “De Voces Ceibes a Milladoiro” a raíz do nacemento do actual folk galego

Te puede interesar