O colexio Valle Inclán prepara a súa participación nunha nova edición da feira Galiciencia

O colexio Valle Inclán prepara a súa participación nunha nova edición da feira Galiciencia
colegio Valle Inclán alumnos concurso innovación

O presente curso escolar comeza con moi boas novas para o colexio Valle Inclán de Ferrol. Cinco proxectos do centro veñen de ser seleccionados para participar nunha vindeira edición da feira Galiciencia, centrada desta volta no tema da astronomía, que terá lugar do 22 ao 24 de outubro en Ourense.
Alí expoñerán os traballos que os alumnos están a desenvolver no marco do Club de Ciencias organizado este ano no centro, xunto ao de arte e de letras, a través da Anpa.
Entre os proxectos seleccionados inclúese o titulado “Somos lunáticos... mito ou realidade”, presentado por André Romero, Luísa López e Dani Plaza. Este proxecto, que foi gañador da última edición do Premio Luis Freire que todos os anos organizan os museos coruñeses, trata de averiguar que hai de certo en algunha das historias que falan sobre a lúa e os seres vivos.
Candela Souto e Abril Sixto son as autoras do traballo “Modelo do ollo”, mentres que Clara Grela e Saínza Rivas achegarán a súa proposta “Galaxia 3D”.
Baixo o título “Desmentindo o zodíaco”, as alumnas Zoe Permuy Lobelos, Victoria Fajardo e Yaiza Pita tratan de demostrar que as datas asignadas a cada signo zodiacal non coinciden coas constelacións que están no ceo en cada momento do ano.
Finalmente, Andrea Sixto e Manuel Núñez presentaron á cita o traballo “O telescopio de Galileo”, no que abordan aspectos históricos, astronómicos e científicos.
Ademais, os alumnos Antón Romero, Marta del Río e Manuela López, representarán ao colexio na fase final do concurso de desafíos ao cal accederon tras resolver varias probas.

O colexio Valle Inclán prepara a súa participación nunha nova edición da feira Galiciencia

Te puede interesar