O Concello de Fene celebra o Día de Rosalía, instituído pola Asociación de Escritores en Lingua Galega o 24 de marzo, con actividades nas que participan os colexios e tamén as asociacións da localidade.
Deste xeito, o venres 22, ás doce do mediodía, o alumnado e a comunidade educativa dos CEIP Centieiras, Os Casais e O Ramo, o CPI A Xunqueira, o IES Fene e o Colexio Jorge Juan participarán na lectura simultánea de poemas de “Cantares gallegos” que se fará en toda Galicia.
Xa o sábado, ás sete da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello tamén se lerán textos deste libro de Rosalía e, ademais, a Coral Polifónica da Sociedade Cultural Agarimo de Sillobre cantará “Negra sombra”. Nesta actividade participarn os voceiros de tódolos grupos municipais, así como representantes do CPS San Valentín, do CCRD de Perlío, do CMI Unidade de Fene, do CPS Liga de Amigos de Barallobre, a asociación O Pote de Maniños, as asociaciacións veciñais de Limodres e de Magalofes, a sociedade cultural Agarimo de Sillobre, e a banda de gaitas Airiños de Fene.
Ademais, na biblioteca municipal expoñeranse exemplares de obras de Rosalía de Castro e tamén os que falan sobre ela.