Galardonado un traballo da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC

Galardonado un traballo da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC
Ana Jesús Lopez profesora Politécnica Superior Esteiro Campus Ferrol

O traballo elaborado desde a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora (8 de marzo) vén de ser galardoado coa súa selección para participar na final estatal do certame Ciencia en Acción –convocado entre outros organismos polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)–, que terá lugar do 3 ao 5 de outubro en CosmoCaixa, Barcelona.
O equipo da UDC, coordinado pola directora da OIX, Ana Jesús López Díaz, e no que tamén participaron os bolseiros Alba Queija, Alexandra Vila e Diego Rodríguez, consistiu na creción dunha páxina web titulada “En procura da igualdade” na que se volcou todo o material elaborado con motivo da exposición “As mulleres nas bibliotecas da UDC”, na  que se ofrecía unha achega ao traballo desenvolvido por mulleres en diferentes áreas e profesións coa finalidade de visibilizalas.
O traballo foi seleccionado na categoría de “Ciencia, Ingeniería y Valores”. Na cita de Barcelona, o grupo da institución académica herculina terá que defender o seu proxecto xunto co resto de participantes. Todos loitarán por ser o elixido para acceder á fase europea do certame, a celebrar o vindeiro ano en Londres.

Galardonado un traballo da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC

Te puede interesar