As monologuistas serán as protagonistas da nova edición do festival Singular de Narón

As monologuistas serán as protagonistas da nova edición do festival Singular de Narón
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-fb8055b0

A tradición teatral, a innovación dramatúrxica e o monólogo humorístico danse a man un ano máis no Festival Singular organizado polo Padroado da Cultura de Narón. Desta volta, e coincidindo no tempo cos actos dedicados ás mullleres, o evento desenvolverase “en feminino”, con sesións protagonizadas por actrices.
Trala suspensión por motivo da folga do primeiro dos espectáculos que estaba previsto para mañá, Día Internacional da Muller, a programación comezará o venres.
Haberá dúas citas. A primeira terá lugar ás 18.30 horas no Auditorio Municipal de Narón e correrá a cargo da compañía Eme2, coa peza “A noiva de Don Quixote”, interpretada por Mercedes Castro. A obra está coproducida polo propio Padroado de Cultura.
Ese mesmo día, ás 20.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, será a quenda para o grupo Ibuprofeno Teatro, con “A filla de Woody Allen”, na que Marián Bañobre interpreta á protagonista da comedia.
Sábado
O sábado 10, Rosa Martínez Alcocer interpretará o monólogo teatral “Frida”, de Iris Teatro. Será ás 20.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura.
“A careta pantasma”, de Berrobambán, pechará o festival o vindeiro 17 de marzo, ás 20.00 horas, tamén no Café Teatro do Pazo da Cultura. 
As entradas para todos estes espectáculos custan 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para aboados. l

As monologuistas serán as protagonistas da nova edición do festival Singular de Narón

Te puede interesar