“Nestre primeiro traballo discográfico o fío argumental é o paso do tempo”

“Nestre primeiro traballo discográfico o fío argumental é o paso do tempo”
Puntadas Sen Fío Xiana LAstra

O pasado luns o trío Puntada sen Fío actuou na Casa da Cultura de Fene para presentar o seu primeiro disco, “A lúa prendeu a luz”. O grupo formado pola ferrolá Xiana Lastra, o percusionista Juan Collazo e Roberto Rama (saxo e gaita) creou, grazas á colaboración da plataforma Verkami, un traballo con nove temas moi diferentes pero cun nexo común, o paso do tempo.
Trátase de cantigas baseadas na nosa música tradicional, pero tamén de autor ou mesmo algunha de fóra de Galicia traducida ao galego. Todas elas tratadas cunha sonoridade insólita grazas aos instrumentos que utilizan pero, tamén, á man dos arranxos elaborados por Pedro Lamas e Roberto Somoza. Xiana Lastra conta unha historia que está a dar os seus primeiros pasos.

Como naceu a súa nova formación musical?
Despois de varios anos participando doutros proxectos musicais como Odaiko, Fía na Roca, Os d’Abaixo ou os libros CD “O meu primeiro Celso Emilio” e “A miña primeira Rosalía” (ambos con textos propios e do seu pai, o profesor Xosé Lastra), a nosa amizade empurrounos á aventura de tocar os tres xuntos. Sen eu sabelo Juan buscoume un concerto en solitario en Allariz e a necesidade fixo apurar unha formación con vibráfono e saxo. Funcionou tan ben que nos chamaron de máis sitios e xa nos vimos metidos no proxecto.

Chama moito a atención a súa sonoridade, diferente e calquera cousa que se fai hoxe en música tradicional.
Si, aínda que a casualidade non o é tanto porque en Odaixo tamén utilizamos percusión , aínda que aquí o saxo dálle unha paleta máis aguda e brillante do habitual.

Como proxectaron o disco, “A lúa prendeu a luz”?
Partimos de tres temas, “Eco”, “O paseo” e “Buenos Aires”, unha peza que eu coñecía de Ferrol. Decatámonos que todos eles falan do pasado e do paso do tempo e a partir de aí eliximos outras cancións tradicionais ou adaptacións de poetas como Manuel María e de outros que foron tirando dese fío argumental con diferentes estilos e sonoridades.
Presentarán o disco na súa cidade?
Gustaríame moito. A ver se despois do verán hai posibilidade, malo será. En calquera caso intentarémolo.
 
No seu caso particular non para: Xornalista, cantante, deseñadora gráfica, etc.
Si, fixen de todo como xornalista na TVG e TVE, aínda que agora todo o filtro a través da nosa produtora, Seispés Producións Creativas (www.seispes.com). No eido musical estou co proxecto infantil Pitusa Semifusa, o Coro da Ra, de Santiago, e desde agora Puntada sen Fío

“Nestre primeiro traballo discográfico o fío argumental é o paso do tempo”

Te puede interesar