A Semana da Poesía Salvaxe arranca hoxe con tres días de recitais por toda a cidade

A Semana da Poesía Salvaxe arranca hoxe con tres días de recitais por toda a cidade
O cartel deste ano é de Leandro Lamas e a imaxe do berro de Víctor Novás | JORGE MEIS

A Semana da Poesía Salvaxe comeza hoxe e continúa até o sábado con recitais espallados por distintas localizacións da cidade. Con esta celebración cúmprese a edición número 16 do encontro que se presenta como o centro da creación poética tanto nacional como internacional.


Un dos seus fundadores salientou o agradecemento pola axuda da Concellería de Cultura de Ferrol, que novamente “retoma un apoio á Poesía Salvaxe que sempre houbo desde os inicios, fai 16 anos”, indica Karlotti. Este organizador, tamén poeta participante, lembra que aínda que houbo outros momentos nos que se foi retirando o sustento, “estes últimos catro anos co PSOE houbo unha desconsideración absoluta”, engade. Pola contra, Karlotti remarca o respecto co que se están tratando todos os actos culturais nesta lexislatura.


Así mesmo, destacou as axudas máis pequenas de Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Radio Fene, Fundaçom Artábria ou o Centro Cívico de Canido. Tamén recibiron soporte a título persoal, así como dalgúns bares como o Manchita Cosa, Café Dover, Taberna O Xustiño, Cervecería Papillón ou Cuerda Floja. “A xente fixo súa esta cita”, distingue Karlotti.


Grazas a todas as achegas conseguiron reunir arredor de 3.000 euros, “para pagar o hotel e dar un diñeiro a todos os que veñen invitados”, declara Karlotti.


A Poesía Salvaxe convoca tres días para sacar “A palavra encarnada”, que é o lema do encontro, con máis de 30 convidados confirmados, entre os que se atopan algúns habituais e outros novos coma Charo Lópes, Luis Valle,  Samuel L. Paris ou Vicente Araguas. Ademais, Karlotti sinalou o nivel dos autores que participan.


Esta vez, a convocatoria dedícase á lembranza de Fernando Naveiras, “Fefi”, que participou en numerosas sesións. Ademais,  con motivo do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis, “a nosa solidariedade co pobo palestino, contra o xenocidio que o estado de Israel leva a cabo no territorio ocupado de Gaza”, expresan dende a organización.

 

programa deste xoves, primeiro día do certame

Charo Lópes e Leo de Matamá son os encargados de inaugurar o encontro no Ateneo Ferrolán ás 18.00 horas. A continuación, os recitais trasladaranse á capela do Centro Cultural Torrente Ballester, a partir das 19.30 horas. Este segundo espazo acolle aos autores Juan Carlos Mestre, Eugenia Sanmartín, Víctor M.Diez, Quico Cadaval, Luis Valle, Samuel Paris, Judite Canha e Manolo Bacalhau.

A Semana da Poesía Salvaxe arranca hoxe con tres días de recitais por toda a cidade

Te puede interesar