O ESCÁNDALO DA AUGA

Ferrol apareceu estes días, nos grandes medios de comunicación de España. E non foi pola desidia dos gobernos central e autonómico sobre o sector naval, que estaría máis que xustificado. Destacouse a Ferrol pola crise da auga. ¡Na Galicia húmida e chuviosa…!
Si, a crise da auga constitúe todo un escándalo difícil de comprender desde fóra. Que as análises do estado das augas se fixeran o día 29 de xuño e chegase a información o 16 de xulio ó goberno municipal non ten xustificación algunha. 
Como é posible que sendo, o alcalde, presidente da empresa de augas, Emafesa, non se lle informe inmediatamente de ter algunha sospeita? Por que? Que podemos dicir de ese suposto envío das análises do día 29, ou 13 de xullo a Sanidade? Que se pretende ocultar cando, ante unha situación de gravidade, se comunican os feitos por rexistro?
Perplexidade e indignación dos cidadáns se percibe na rúa. Mulleres embarazadas ten leido informes dos riscos para o feto, non importa que se refiran a longos períodos: o medo é cempés de moitas patas; así mesmo, as cuestións no tema canceríxeno, afectando á totalidade da poboación exposta, en condicións terceiromundistas á contaminación. Ten que haber responsables destes feitos.
Eu son dos que consume directamente auga do billa. E como eu, outra moita xente. Non existía hasta hoxe desconfianza das propiedades da auga da traída. E debo contar que, hai uns dez días, a miña muller comentoume que sentía una sensación rara. Parecíalle que algunha comida fixéralle dano. Mais, non se decataba das causas. Pola miña parte, pensaba que podía esaxerar. Pero cando soubemos da prohibición de usar a auga, encaixaba perfectamente. 
Entón, dinme conta de que tamén eu padecera os mesmos efectos. Incluso, antes de estas datas, tiven as mesmas sensacións. Evidentemente, se lle saca importante os efectos. Do mesmo xeito se nos anunciaba que o amianto non era perigoso! Sabemos de que falamos.
Mais, onde está o problema? Vexamos. Emafesa nace de unha decisión do PP de privatizar o servizo de augas. Tamén é verdade que non só do PP. Aínda recordo expresións de algún compañeiro que no Concello, anunciaba, para xustificar a privatización, que “as empresas privadas son máis efectivas que as públicas”. 
Teño que agregar que, “para os seus petos”. Para intentar ocultar a medida, se lle chamou “empresa mixta”, onde o concello ten o 51% das accións e a privada o 49%. Con esta distribución das accións, a maioría tiña que ter o poder executivo, pero non, ese poder esta nas mans da empresa privada. En ese acordo, se daba ao Concello unha representación testemuñal. Con tódolos dereitos teóricos, pero carentes de efectividade. 
É máis, cando vemos como actuou Emafesa agora, podemos comprobar como se eludiu a información ó presidente.
Incluso, cando se privatizou, levaba a empresa unha cantidade de 100 millóns de pesetas anuais que deixaban de entrar nos presupostos municipais. 
Sen gastar un peso, xa tiña asegurados eses beneficios. Outro escándalo que pouca xente coñecía.
Pois ben, agora se ve para que se privatizou. E se ve que se intentou ocultar a cidadanía, e ao Concello!, a gravidade da situación.
¿Quen vai a confiar nos xestores actuais de Emafesa? ¿Cantas veces puido producirse algo semellante e se ocultou? Non o sabemos. Pero xa as cousas non poden seguir igual.
O alcalde fixo ben en pronunciarse por abordar os problemas urxentes, por resolver esta crise. Pero ten que pedir responsabilidades. E sobre todo, ten que abordar o rescate do servizo, para asumir plenamente a responsabilidade e non depender de intermediarios que só buscan beneficio para as súas empresas de orixe.
Si, son hoxe moitos concellos –por España adiante– que rescataron ou están no camiño de recuperar plenamente seus servizos públicos. E chama a atención que se dá ese rescate con partidos de todo o arco ideolóxico. Pois ben, en Ferrol temos todos esa tarefa, para impedir que poida producirse unha situación igual, para recuperar a confianza dos cidadáns nos nosos servizos públicos.
 

O ESCÁNDALO DA AUGA

Te puede interesar