Coherencia

Como afiliado convencido que son de Esquerda Unida, entendo que a miña obriga de militante cabal sería a de votar unha alternativa que apoie a candidatura de Alberto Garzón, porque así o quixo a militancia. Mais aquí, en Galicia, sinto que non podo votar por esa opción. Ninguén pode facelo, porque a opción é outra. No futuro, tal vez, poderemos saber por que. Reflexiono, despois de ter visto imaxes dalgúns compañeiros –para que nomes?–, exultantes en mitins de Podemos, abrazados ó seu mesiánico líder, sen antes, que eu saiba, ter abandonado a organización. Coherencia absoluta. Os grandes poderes decidiron esmagar a esquerda en todo o Estado. E, nesta nosa Galicia, na operación tamén van tentar acabar co labor iniciado hai cen anos polas Irmandades da Fala, mesmo coa axuda de históricos nacionalistas metidos en estrañas alianzas, con máis incomprensión e sorpresa pola miña parte. Non saio do meu asombro. Creo que todo iso non vai ser máis que pan para hoxe e fame para mañá.

Coherencia

Te puede interesar