Francisco Vitoria gaña o Certame de Pintura Rápida de Cedeira

Esta edición aumentou as contías dos tres premios e incorporou catro accésits
Francisco Vitoria gaña o Certame de Pintura Rápida de Cedeira
O gañador do primeiro premio coa súa obra | CEDIDA

Este ano, coincidindo co décimo aniversario do concurso, participaron no Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira” unha trintena de artistas procedentes tanto de dentro como de fóra de Galicia. O primeiro premio foi para o coruñés Francisco Victoria Cánovas, que xa participara en anteriores edicións.


Esta vez o xurado fallou ao seu favor, recibindo un recoñecemento de 900 euros e un diploma. Juan Carlos Triñanes Buceta, de Rianxo, e Marta Bravo López, de Gijón, recibiron o segundo e terceiro premio, de 700 e 500 euros, respectivamente.


Ademais do incremento das contías, por primeira vez déronse catro accésits dotados con 100 euros, que foron para a Francisco Javier González Palacios, Benigno Rodríguez Sánchez, Laureano Fernández Vidal e Andrés Gabarres Cagiao.

Francisco Vitoria gaña o Certame de Pintura Rápida de Cedeira

Te puede interesar