As Somozas inviste máis de 120.000 euros no reforzo vial do polígono industrial

Con esta actuación búscase optimizar a conservación da insfraestrutura viaria
As Somozas inviste máis de 120.000 euros no reforzo vial do polígono industrial
Un dos viais do polígono | Concello das Somozas

O Concello das Somozas anunciou a inversión de máis de 123.000 euros nun proxecto de reforzo e mellora da principal rede viaria do polígono industrial da localidade, no que teñen presenza as empresas Alstom, Huso29 Renovables, Ingaroil, Sogarisa, Gamesa, VFU’S Armonia e Xiloga. Esta intervención supón a actuación nunha superficie total de 9.625 metros cadrados.


A financiación de dita obra corre a cargo da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia nun 80%, e o 20% será das arcas municipais. Así, búscase “optimizar e renovar o prinicpal viario do polígono industrial do municipio”, comentaron dende o goberno local.


Con esta actuación búscase optimizar a conservación da insfraestrutura viaria e, para iso, realizaranse melloras na capa de rodaxe, previa reparación das zonas que presenten algún tipo de deformación ou imperfecto. Para completar o total da obra tamén se levarán a cabo servizos de limpeza en ambas marxes da vía, así como unha renovación da sinalización horizontal grazas ao pintado das liñas propias dos bordos e os eixos da estrada. O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou o compromiso de facer do polígono “un referente dentro da comarca”. 

As Somozas inviste máis de 120.000 euros no reforzo vial do polígono industrial

Te puede interesar