O Concello cedeirés denuncia a existencia de pingueiras no CEIP Nicolás del Río

O Concello cedeirés denuncia a existencia de pingueiras no CEIP Nicolás del Río
Algunhas das pingueiras

O goberno local de Cedeira denuncia a presencia de pingueiras en aulas e corredores do CEIP Nicolás do Río, tanto no edificio principal como no do Areal, e reclama a urxente actuación da Xunta de Galicia para subsanar tales problemas.

 

Fotoceip1
Fotoceip1

 


Sosteñen desde a administración local que tales deficiencias “se teñen comunicado á Consellería de Educación en repetidas ocasións desde o primeiro trimestre deste curso escolar”, subliñan. Segundo explicou o concelleiro de Educación, Noel López, “o colexio ten actualmente medio patio pechado por risco de caída de cascotes”. Ademais, precisa, “entra auga en varias aulas, hai pingueiras nun corredor, filtran humidade as ventás, por mor dunha incorrecta colocación, e cando chove moito, algo que este ano se ten repetido en moitas ocasións, é imposible utilizar o pavillón deportivo polas humidades que se filtran”. Os problemas que afectan ao edificio principal do Nicolás do Río tamén se repiten no do Areal, con pingueiras nas escaleiras, entre outras. Explican desde o goberno local cederiés que todas estas eivas “se teñen trasladado á Consellería de Educación en reiteradas ocasións”. 


Sinalan ademáis que os técnicos da administración autonómica  “chegaron a visitar o centro escolar e constataron os problemas, porén non existe ningún compromiso para resolvelos”, lamenta desde o Consistorio. 


Lembran ademáis que se trata dun centro educativo que con xa con máis de 50 anos desde que se construira e precisa, de xeito urxente, “dunha actuación en profundidade”, que poña coto a todos estes problemas tan molestos e insalubres para os rapaces e o profesorado e que dificultan o día a día do centro. 

O Concello cedeirés denuncia a existencia de pingueiras no CEIP Nicolás del Río

Te puede interesar