A saída dos mómaros e os cabezudos desde a praza do Concello este mediodía deu o pistoletazo de saída á Festa das Peras de Pontedeume, cinco días de actividades de todo tipo que culminarán o luns coa Xira ao río Eume e o concerto da orquestra París de Noia.
Este ano, o medallón da mómara, que edición se lle dedica a alguén que morreu, é da presentadora María Teresa Campos, finada esta mesma semana. Para a tarde de hoxe, ás 20.30 horas, está previsto o pregón, a cargo do músico James Rhodes.