O Xeoparque Cabo Ortegal disporá este ano dun orzamento de case 350.000 euros

O Xeoparque Cabo Ortegal disporá este ano dun orzamento de case 350.000 euros
Foto de familia na Asamblea Xeral Ordinaria | Cedida

A Asociación para a xestión do Xeoparque Cabo Ortegal celebrou nos últimos días a súa Asamblea Xeral Ordinaria. Nela aprobouse un orzamento por importe de case 350.000 euros para o presente ano 2025 e as contas do pasado exercicio. Tamén o plan de actividades que se levará a cabo nos vindeiros meses.


No encontro tomaron parte  rexedores e concelleiros dos sete municipios que compoñen o territorio recoñecido pola Unesco – Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño–, ademais de representantes do Comité Científico e de Entidades Amigas.

 

 

Do mesmo xeito, durante a asamblea aprobouse tamén a renovación da Xunta Directiva –que ten como principal obxectivo impulsar campañas de divulgación e turismo sostible, así como reforzar a proxección internacional do parque–, a cal pasa a estar presidida polo Concello de Cerdido, con Alberto Rey ao frente, durante as vindeiras dúas anualidades. 

O Xeoparque Cabo Ortegal disporá este ano dun orzamento de case 350.000 euros

Te puede interesar