Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) foi un dos pintores máis importantes do século XX en Galicia. De formación case autodidacta, bohemio e anárquico, foi tamén poeta, ilustrador e, sobre todo, un gran muralista. A súa obra pictórica reflicte unha predilección polos temas mariñeiros, e nela transcribe un detallado mundo onírico, idealizado e soñador.
Os seus lenzos, case sempre pintados sobre táboa en pequenos e medianos formatos, son o reflexo dun poeta recreador de mitos e lendas, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas, onde abondan as sereas, e narracións fantásticas en formato bidimensional á maneira dun Robert Luis Stevenson, autor de "A illa do tesouro".
Un dos exemplos do seu labor como muralista está na oficina de Abanca da rúa Olmos na Coruña, unha paisaxe onírica e fantástica sobre a cidade da Coruña. Nesta ligazón á colección de arte de Abanca pódense ver tamén algunhas das súas obras.
En 2023 cúmprese 50 anos do pasamento do pintor. Co gallo desta efeméride, Diario de Ferrol puxo en marcha un concurso de microrrelatos, deseñado baixo a temática “Viaxe ao mundo de Urbano Lugrís”, para facer partícipes a todos os mozos e mozas que cursan secundaria e teñen entre 12 e 16 anos da obra e vida dun pintor galego fundamental do século XX.
1. Gañadora
Ainara Blanco Conceiçao
Mergúllome na túa balada dos mares do norte, na busca do tesouro de Punta Herminia, e atopo un grafiti imaxinario nun recuncho de Canido, e a un Lorca mirando absorto e pensando en granaíno: ¡Qué bien dibuja este gallego!
E moi mariñeira viaxo ó corazón do océano e na miña odisea aparezo aboiando perto da Atlántida. Ali soño coa sombra de Joyce dedicándote o seu Ulises sobre unha madeira de barco vello….
… Unha chamada me devolve á realidade: mañán temos exame de matemáticas. Deixo na maleta da lembranza ó universal e galego, poeta e pintor, rural e urbano... Lugrís.
2. Primeira finalista
Mar Botas Alonso
Onde iría?
Nas noites claras de inverno,
cando Orión reina no ceo,
albíscase alá o lonxe un antigo veleiro.
Sempre amosa presa,
coas drizas tensadas,
as súas velas enchidas e a proa cara o alba.
Mais non navega,
non se move
coma se algo o retivera.
Se fose libre do seu cautiverio...
Onde iría?
3. Segunda finalista
Alicia Bugallo Diz
Todos los caminos me conducían al mismo sitio: mar. Un mar infinito imposible de apreciar al completo. Inocentemente pensamos que la travesía de Cristóbal Colón resolvió ese inconveniente, esa extrañeza. Pero la curiosidad que sentimos por las aguas del océano perdura. Desde Finisterre me gusta posarme y contemplarlo. Contemplar como el agua continúa y continúa. Los barcos perdiéndose a la deriva. Recuerdos que Solo serán conservados por gaviotas junto a las olas del mar. Las mismas olas que se rompen fuertemente contras las rocas. Las rocas en las que estoy yo. Pintando. Pintando el mundo de mis sueños. Dulce mar.