Fene demanda á Xunta melloras en servizos e infraestruturas municipais

Fene demanda á Xunta melloras en servizos e infraestruturas municipais
Os representantes do Concello reuníronse co deputado nacionalista | Cedida

O deputado do BNG no Parlamento de Galiza Xosé Manuel Golpe comprometeuse co rexedor fenés, Juventino Trigo, alcalde de Fene, a elevar ao Hórreo as demandas en cuestión de infraestruturas municipais plantexadas nunha reunión mantida entre o alcalde e a tenente de alcalde, Sandra Permuy, e o deputado nacionalista.


Entre os temas tratados, demándaselle á Xunta resposta a unha solicitude presentada polo Concello de Fene en novembro de 2022 ante a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade para a construción dunha senda peonil na avenida Conces, na AC-115, que Trigo considera fundamental para garantir a seguridade dos peóns. Pídense tamén resposta a cuestións relacionadas coa eficiencia enerxética. “Desde o BNG, imos traballar para que as necesidades de Fene sexan escoitadas e atendidas pola Xunta. Son cuestións xustas e necesarias”, afirmou Golpe. 

Fene demanda á Xunta melloras en servizos e infraestruturas municipais

Te puede interesar