Actividades en Pontedeume na honra do filósofo Gurméndez

Esta figura mativo un vínculo coa vila eumesa e co Club de Prensa de Ferrol
Actividades en Pontedeume na honra do filósofo Gurméndez
Os actores Loreto de Castro e Manuel López realizarán unha lectura dramática | CEDIDA

O Club de Prensa de Ferrol e o Concello de Pontedeume organizan unha homenaxe a Carlos Gurméndez, que comezará este sábado no mirador de Centroña e continuará na Casa da Cultura. A programación, que é de entrada libre, inclúe a inauguración dunha mostra fotográfica, presentación literaria e interpretación coa dirección de Maquinarias Teatro.


A organización convoca aos asistentes ás 17.00 horas no monolito do mirador de Centroña para a realizar a ofrenda floral. Deseguido, ás 17.30 horas, o encontro moverase á Casa da Cultura eumesa para a apertura da exposición “Galicia en Foco”, que recompila o traballo de fotoxornalistas galegos.


“Carlos Gurméndez. Galicia e os espazos abertos de Ferrolterra” é a obra que presentará, ás 18.00 horas, Germán Castro, xornalista e presidente de honra do Club de Prensa ferrolán. Loreto de Castro e Manuel López porán fin ao evento coa lectura dramatizada de “Gurméndez nun café de Delft”, dirixida por Helga Méndez, de Maquinarias Teatro. Trátase dunha peza dramática escrita por Eduardo Fra Molinero e traducida ao galego por Xosé María Dobarro.


O homenaxeado Carlos Gurméndez é definido como “filósofo do amor e das paixóns” dende o Club de Prensa de Ferrol, unha entidade que vén de celebrar na súa honra a 25 edición do Curso de Pensamento e Comunicación no Campus da UDC en Ferrol. Esta formación comezou a impartirse na vila de Pontedeume, onde o autor iniciou o seu achegamento ao nomeado Club de Prensa. 

Actividades en Pontedeume na honra do filósofo Gurméndez

Te puede interesar