O alumno do IES Sofía Casanova Roberto Losada, entre os mellores da Olimpíada Galega de Química

O alumno do IES Sofía Casanova, Roberto Losada García, figura entre os mellores alumnos e alumnas dos centros que participaron nas probas da XXXV Olimpíada Galega de Química 2018 do distrito universitario de da Coruña.
O encontro, dirixido a estudantes de Bacharelato, foi organizado pola Asociación de Químicos de Galicia en colaboación co Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a colaboración da Consellería de Cultura e as facultades de Ciencias Químicas das tres universidades.

O estudante ferrolán rematou na sexta posición da demarcación da Coruña, tal e como se informou desde a organización. Nesta edición participaron un total de 154 alumnos de toda a comunidade galega, tal e como se informou. l

O alumno do IES Sofía Casanova Roberto Losada, entre os mellores da Olimpíada Galega de Química

Te puede interesar