A apertura do comercio no primeiro domingo de rebaixas centrouse en Ferrol nas áreas comerciais

A apertura do comercio no primeiro domingo  de rebaixas centrouse en Ferrol nas áreas comerciais
Los hipermercados abrieron sus puertas | E.Cortizas

O primeiro domingo de apertura de negocios con  motivo das rebaixas de verán tivo un seguemento bastante desigual onte. Se ben é certo que na urbe naval non se acostuma a abrir as tendas de roupa nesta data, salvo “Supercor”, en Odeón e Parque Ferrol si que houbo bastante movemento de xente. No caso concreto de Parque Ferrol, os negocios aledaños ao Carrefour permanecían abertos nun 70%, con algunhas tendas de ocio ou servizos pechadas, caso das perruquerías, centros de estética ou ópticas. Tampouco se rexistrou demasiado movemento no hipermercado. A falla de costume de mercar en domingo produtos de alimentación puido condicionar a baixa afluencia de xente durante a xornada.


O feito de que as temperaturas baixaran e o día estivera un pouco máis nubrado que a xornada anterior sí que animou á xente a buscar algún saldo en Odeón, que presentou unha entrada algo máis interesante que a de Parque Ferrol. No espazo comercial naronés abriron as portas a práctica totalidade das tendas, no primeiro domingo de rebaixas da campaña estival. Nalgún caso aplicaronse descontos de ata o 50% nunha selección de prendas.

A apertura do comercio no primeiro domingo de rebaixas centrouse en Ferrol nas áreas comerciais

Te puede interesar