A Área Sanitaria rexistrou máis dun millón de actos asistenciais no que vai de ano

A Área Sanitaria rexistrou máis dun millón de actos asistenciais no que vai de ano
Os actos asitenciais producense tanto nos hospitais como centros de saúde, PAC ou hospitais de día, entre outros

Os profesionais da Área Sanitaria de Ferrol realizaron máis de un millón e medio de actos asistenciais básicos en prol da saúde da poboación desta zona, durante o primeiro semestre deste ano 2024. 
Así, segundo se informa desde a Xerencia nun comunicado, no ámbito dos centros de saúde realizáronse un total de 1.060.883 actos asistenciais (ben sexan consultas de Medicina, Pediatría, Enfermaría, etc.); e atendéronse 59.315 urxencias nos Puntos de Atención Continuada, o ámbito urxente máis achegado á poboación, onde se atenden numerosos casos.

 


Pola súa banda, no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, os profesionais realizaron 165.219 consultas externas; atenderon 33.696 Urxencias; fixeron un total de 5.496 cirurxías; e prestaron atención ós 7.895 ingresos que se produciron no ano, e que supuxeron un total de 53.980 estancias hospitalarias, neste primeiro semestre do ano.

 

Nos centros de saúde de Ferrolterra atendéronse un total de 1.060.883 consultas médicas nestes seis meses


Por outra banda, para poder dar resposta á demanda sanitaria, algúns dos servizos centrais do Complexo, como Radioloxía, fixeron un total de 80.178 probas radiodiagnósticas . Hai que ter en conta tamén a actividade dos Hospitais de Día, “que permiten unha asistencia continuada do paciente sen que teña que ingresar”, precisan. Realizáronse un total de 47.637 sesións nos hospitais de Día Oncolóxico, Médico, Hematolóxico e Psiquiátrico.

 

 

Neste medio ano atendéronse no CHUF 33.696 urxencias; houbo 7.895 ingresos e 5.496 cirurxías

 


Atención 
 

Así, precisan tamén que en torno a 185.000 persoas dos 20 concellos que conforman a Área Sanitaria ferrolá recibiron a atención dos profesionais sanitarios nos centros de saúde e consultorios; nos Puntos de Atención Continuada e nos tres centros que conforman o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Hospitais Arquitecto Marcide, Naval e Novoa Santos). 


A Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol traslada o seu “agradecemento polo traballo diario ás e ós profesionais sanitarios e non sanitarios que conforman a área sanitaria, e que fixeron posible esta actividade de atención á poboación”, afirman. 

 

A Área Sanitaria rexistrou máis dun millón de actos asistenciais no que vai de ano

Te puede interesar