A segunda edición de “The Future of Fashion Talent” tivo lugar na mañá de este xoves no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial. O alumnado participante forma parte dos graos en Xestión Industrial da Moda, que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación, de Enxeñería de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, que se da na Escola Universitaria de Deseño Industrial –EUDI–ademais de distintos profesionais do sector.
O evento está organizado polo xornal líder en información económica do negocio da moda, Modaes, en colaboración co Campus Industrial da UDC. Ademais, conta co apoio da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia –Cointega– e do Concello de Ferrol. A xornada comezou cunha conferencia sobre moda, territorio e emprego de calidade, seguida dunha mesa redonda na que se afondou na maneira de seducir ás novas xeracións.
Despois dun breve descanso, tivo lugar o relatorio de “employer branding”, que rematou con outra mesa redonda sobre tecnoloxía e punto de venda.