Asotrame ampliará o seu programa “Apoio entre iguais” en Galicia cunha axuda autonómica

Asotrame ampliará o seu programa “Apoio entre iguais” en Galicia cunha axuda autonómica
Asotrame desenvolve o programa "Apoio entre iguais" | Cedida

A Asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas –Asotrame– deu a coñecer a colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para reforzar o seu programa de “Apoio entre iguais”. 


A entidade marcouse o obxectivo de recrutar, entre o colectivo de expacientes de cancro hematolóxico galegos, a novos voluntarios e voluntarias para potenciar o seu grupo online de axuda mutua.


A iniciativa “Apoio entre iguais” que, na actualidade, funciona un día por semana, tenta por en contacto a pacientes de distintos puntos de Galicia recentemente diagnosticados de leucemia, mieloma múltiple, linfomas, etc., con persoas que pasaron tempo atrás por ese mesmo proceso. 


Trátase con iso, explican dende a entidade, de axudarlles a asimilar a súa nova situación, e crear un espazo íntimo para colaborar na verbalización das súas emocións, dende a angustia a o medo, ademais da resolver as dúbidas que se poidan atopar.

 

Subvención

A subvención que se aporta dende a área autonómica alcanza os  5.611 euros e permitirá que a asociación poida formar a un máximo de 15 voluntarios e voluntarias  para que dispoñan de ferramentas e claves útiles, para, explican den de Asotrame, “realizar ese acompañamento a novos pacientes dunha forma máis eficaz”.


Deste xeito, traballaranse cuestións como a linguaxe positiva adecuada, a escoita activa, a empatía, o apoio ás directrices médicas… ademais de realizar accións para a mellora das súas competencias dixitais.
O que pretende Asotrame é camiñar ata converter a este grupo de axuda mutua nunha liña nun complementaria ao seu servizo de atención psicosocial. 

 

 

 

 


Este programa, indican, non deixa de aumentar a súa demanda e supón, ademais de soporte emocional profesionalizado, grazas ás dúas psicólogas da asociación, aportar información sobre prestacións e recursos, da man da traballadora e a educadora social.

 

 

 

 


A subvención acadada agora para o “Programa Apoio entre iguais: creación do grupo galego de voluntariado de apoio emocional de Asotrame” enmárcase na convocatoria destinada á realización de propostas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á mocidade e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF do pasado ano 2024.

Asotrame ampliará o seu programa “Apoio entre iguais” en Galicia cunha axuda autonómica

Te puede interesar