Este mércores terá lugar no Antigo Hospicio o acto de presentación do libro “Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua”, na que se realiza un estudo sobre a realidade na que vive o idioma.
A sesión, que comezará ás 19.30 horas, contará coa intervención dos seus autores, Marcos Maceira Eiras e Elsa Quintas Alborés. Na iniciativa colaboran A Mesa pola Normalización Lingüística, Edicións Laiovento e a Sociedade Cultural Medulio.