O BNG pide que se opoñan aos recortes no IES Ferrol Vello

A falla de transparencia é un dos apuntes que realiza o partido sobre o procedemento de actuar durante o verán
O BNG pide que se opoñan aos recortes no IES Ferrol Vello
O portavoz nacionalista solicitará no pleno o rexeitamento aos recortes de profesorado no centro | EMILIO CORTIZAS

A moción de urxencia presentada onte ao pleno do Concello de Ferrol, que terá lugar o luns, polo portavoz do BNG, foi motivada polos recortes que, segundo manteñen dende o partido local, se aplicarán no IES Ferrol Vello.


O consello escolar do centro publicou, o pasado mércores, a decisión da Xunta de recortar dous docentes do cadro de persoal actual, unha decisión que o BNG de Ferrol cualifica como inxustificada, tendo en conta que o instituto manterá o mesmo número de unidades que o curso pasado.


Iván Rivas, portavoz nacionalista, denuncia o continuo atraso na adxudicación das vacantes nos centros educativos. Así mesmo, dende o seu partido destacan o feito de que se actúe durante a época do verán, de xeito que se realice “sen a mínima das transparencias, de xeito unilateral e deixando aos centros indefensos e sen posibilidade de poder reclamar vacantes en función das súas necesidades”. Con estes argumentos, o luns Rivas solicitará ao resto de grupos municipais o apoio á demanda de manter, cando menos, os 20 docentes actuais e esixirá ao alcalde que se pronuncie.

O BNG pide que se opoñan aos recortes no IES Ferrol Vello

Te puede interesar