O escritor cedeirés Carlos Labraña da a coñecer nesta tarde de sábado os seus dous últimos libros, na cafetería Dzine de San Sadurniño, ás 17.00 horas. As obras, que están dirixidas ao público infantil e xuvenil, son "Mambrú volveu da guerra" e "Ícarás", este último recoñecido co Premio Facho de teatro infantil.
O autor vén de visitar o concello fai algúns meses, en concreto o CPI San Sadurniño, xa que estivo co alumnado do proxecto LÓVA para explicarlles como se escribe teatro, a súa especialidade. Os interesados en aprender os consellos de Labraña poden aproveitar a oportunidade desta tarde en Dzine.