A Casa do Mel festexa os seus primeiros vinte anos na véspera da Feira de Goente

A Casa do Mel festexa os seus primeiros vinte anos na véspera da Feira de Goente
Valentín González Formoso —esquerda— recibiu o agradecemento polo apoio tanto da Deputación como do Concello | CEDIDA

O presidente da Deputación e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García López, participaron onte nas xornadas apícolas do Eume, organizadas pola Casa do Mel das Pontes, un acto no que se celebrou tamén o 20º aniversario da entidade. 


Nestas dúas décadas, a Casa do Mel cobrou forza e presenza como unha iniciativa singular dedicada á promoción da apicultura e da calidade do mel que se produce no municipio e na comarca do Eume.


A Casa do Mel conta xa con máis de 600 socios e socias no municipio. A organización aproveitou o acto de onte para facer entrega de distintos recoñecementos a institucións, entidades e persoas que destacaron polo seu apoio á iniciativa durante estas dúas décadas, entre elas, a propia Deputación da Coruña e o Concello das Pontes. 


Valentín Formoso, Rosa Ana López e a concelleira pontesa Elena López agradeceron o galardón e destacaron o valor que teñen os produtos de proximidade, coma o mel do Eume, tanto para o mantemento da tradición como para a creación de oportunidades e desenvolvemento do mundo rural.


Incidiron tamén na importancia da Casa do Mel como ferramenta de impulso para a cooperación entre os apicultores, creando unha cooperativa para fortalecer o potencial da comarca neste eido e facilitando a súa comercialización.
Precisamente, As Pontes acollerá hoxe unha nova edición da tradicional Feira do Queixo e do Mel de Goente, na que participarán unha vintena de artesáns, que darán unha boa mostra da calidade dos produtos.


A xornada comezará ás 10.00 horas coa apertura dos postos de artesanía e alimentación. Ás 12.00 e 16.00 celebraranse obradoiros infantís de cociña e a actividade “Un horto para as abellas”. Ás 12.30 haberá degustación de petiscos de queixo con mel. A feira pecharase ás 19.30 horas. l

A Casa do Mel festexa os seus primeiros vinte anos na véspera da Feira de Goente

Te puede interesar