O CEE Terra de Ferrol recibe o apoio do Concello para o seu programa de actividades

A subvención está destinada a un proxecto para o alumnado, que ten necesidades particulares
O CEE Terra de Ferrol recibe o apoio do Concello para o seu programa de actividades
Imaxe da entrada ao centro | D. ALEXANDRE

O proxecto “Educando e Xogando na Diversidade”, que promoverá a realización de actividades de carácter complementario no CEE Terra de Ferrol, conta co financiamento do Concello. A Xunta de Goberno local vén de aprobar a axuda á ANPA do centro por un importe de 3.000 euros.


O Plan Estratéxico de Subvencións do goberno municipal para o período de entre 2024 e 2026 inclúe a colaboración con esta iniciativa, que estará xestionada polo Servizo de Cultura, Educación, Deportes e Turismo. A proposta “Educando e xogando na diversidade” posibilitará realizar actividades complementarias aos alumnos, que se enfrontan a barreiras limitadoras do seu acceso, presenza, participación ou aprendizaxe. Trátase de dificultades derivadas de discapacidades ou trastornos graves de conduta, da comunicación ou da linguaxe, que requiren determinadas atencións educativas específicas.


“Respaldamos este convenio dado o interese coincidente do Concello de Ferrol e a Anpa CEE Terra de Ferrol en promover a realización de actividades de carácter complementario dirixidas ao alumnado deste centro educativo, no que se escolariza a persoas con necesidades educativas especiais”, sinalou o alcalde, José Manuel Rey Varela. 

O CEE Terra de Ferrol recibe o apoio do Concello para o seu programa de actividades

Te puede interesar