O Papa Francisco convocou para este venres, 27 de outubro, unha xornada de oración e xaxún pola paz, tanto polo que sucede en Israel e Palestina como noutros conflitos bélicos do mundo. “A guerra cancela o futuro, que calen as armas, que se escoite o berro de paz dos pobres, do pobo, dos nenos”, rogou.
A Diócese de Mondoñedo-Ferrol, a través da vigairía diocesana para a caridade, organiza con este motivo unha oración na igrexa de Nosa Señora do Carme, ás 18.45 horas. A continuación levarase a cabo un círculo de silencio –un espazo de unidade das xentes e de reflexión– na praza de Armas. Os actos estarán presididos polo bispo Fernando García Cadiñanos.