A comisión de festas de Caranza colga o primeiro cartel do evento

O barrio volve anunciar a súa celebración estrela do verán despois de 12 anos sen convocarse
A comisión de festas de Caranza colga o primeiro cartel do evento
A organización agarda, con esta proposta, fortalecer os lazos comunitarios e instaurar unha longa tradición | FERMÍN GOIRIZ

O programa das festas de Caranza, que abarca dende o 9 ao 15 de agosto, foi pegado onte por diversos muros da zona. As propostas que realiza a nova comisión van acompañadas da ilustración de Elga Fernández Lamas, que representa o carácter plural, e con ánimo festeiro, deste barrio, o que posibilitou a recuperación destas datas.


A comisión volve convocar ao público tras o éxito do San Pedro Caranceiro, no que a chuvia non puido parar as ganas da xente,  xa que segundo indica o seu presidente, Samuel Díaz, ás 23.00 horas xa remataran coas existencias de bebida e foron os bares da zona quen os salvaron. Coa fin de delegar esta tarefa, a pesar da posibilidade que ten de obter grandes beneficios, a organización saca a subasta o toldo.


O primeiro cartel foi pendurado fronte ao mercado e será repartido “por todo el mundo”, segundo o presidente, que apunta exemplos como Melbourne, en Australia, onde chegará, como forma simbólica, grazas á colaboración dalgún residente simpatizante.


“Nos están saliendo las cosas tan bien”, celebra Díaz, que a programación aínda non está pechada no caso das citas deportivas, que se desenvolverán do 5 ao 15 de agosto, e que completan as festas. Sobre estas datas, nas que non faltará a música, dende a comisión adiantan que haberá unha clausura por todo o alto, con artistas como Miguel Sueiras o día 14 e Los Limones, que o 15 amenizarán a entrega de trofeos. A parte deportiva desta proposta incluirá campionatos de fútbol sala, baloncesto 3x3 e brilé, así como o trofeo “Festas de Caranza 2024” para a modalidade de campo e unhas xornadas de pesca infantil e remo.

 

Cartel principal

O Festival Infantil abrirá o encontro o venres 9, ás 17.00 horas, da man de Nueva Onda na praza Roxa. Xa no campo da festa, na zona do muíño, na rúa Cartagena, pola noite terá lugar o pregón, que dará inicio ao Lusco e Fusco Caranceiro. Este festival folk estará protagonizado por A Revolta de Trasancos, No Cómbaro, Lenda Ártabra e DJ Nachoredes.


Na mañá do sábado 10 empezará o percorrido da charanga Los Caimanes e que precederá á sesión vermú de Dúo Boreal. Despois da cucaña, tamén no campo da festa, volverán ofrecer un novo pase á noite, xunto a Nuevo Plan e DJ Nachoredes.


O percorrido que inaugurará o domingo 11 será de música tradicional e cabezudos e a sesión vermú de Antha, que repite á noite coa Panamá Band Orquesta, seguindo co apoio á música da comarca. O inicio será o mesmo no luns 12, cando se ofrecerá unha función longa e sesión vermú a cargo de Jaque. Neste día tamén actuarán Malditos Pendejos e Los Alcántara, e aínda quedan actividades por concretar. 

A comisión de festas de Caranza colga o primeiro cartel do evento

Te puede interesar