Como hoxe anunciou a concelleira de Política Social, Rosa Martínez, xa está disponible para consulta a listaxe provisional de admitidos e excluídos para as axudas de escolarización e de comedores escolares para o curso 2024-2025. En total foron concedidas 588, das cales 200 son para os comedores escolares e as restantes para material escolar.
Tendo en conta que non foron aceptadas todas as solicitudes, a concelleira explica que “hai dúas causas para a denegación destas axudas: a primeira, que a familia solicitante non entregou toda a documentación e ábrese un prazo agora para poder facelo e, a segunda, que supera os ingresos”.
Por iso, tras a publicación da lista provisional na páxina web do Concello de Ferrol as familias terán 10 días para presentar a documentación requirida. Martínez avanzou que ata principios de setembro non se poderán recoller os vales para o material escolar, xa que os solicitantes deberán presentar o certificado de matriculación.