“Domingo de Insurrección” en forma de sesión vermú no centro social Artábria

Manu Kasoaparte e Fran Zélop actuarán con billeteira inversa
“Domingo de Insurrección” en forma de sesión vermú no centro social Artábria
Imaxe dunha sesión vermú anterior na sede da asociación | DANIEL ALEXANDRE

Os xéneros rock e punk, con letras en galego, serán de novo os protagonistas do encontro que propón a asociación cultural Artábria esta semana.

 

Trátase dunha cita que se propón ao final desta Semana Santa baixo a denominación de “Domingo de Insurrección”, e que se desenvolverá en horario de sesión vermú, este domingo a partir da 13.00 horas. No concerto volverán compartir escenario Manu Kasoaparte e Fran Zélop, que actuarán con billeteira inversa, aínda que dende a organización recomendan unha achega mínima de cinco euros.

“Domingo de Insurrección” en forma de sesión vermú no centro social Artábria

Te puede interesar