Exponav acolle ata final de mes unha mostra do pintor e gravador Albino Fernández

Exponav acolle ata final de mes unha mostra do pintor e gravador Albino Fernández
O fillo do pintor dirixiu a visita guiada en Exponav | j. meis

A sala Carlos III de Exponav acolle ata o vindeiro día 30 unha mostra do pintor e gravador arxentino de orixe galega Albino Fernández (1921-2014), iniciativa que é posible grazas á colaboración do Consulado General de Argentina en Vigo e o Museo de Grabado a la Estampa Digital de Ribeira.


Fernández naceu en Cuba e, tras un regreso breve a Chantada, afincouse coa súa familia en Arxentina, onde desenvolveu a súa traxectoria profesional como pintor. 


Un dos seus fillos estivo presente onte no acto de inauguración que tivo lugar en Exponav. Ademais de conducir unha visita polas obras expostas do seu pai, tamén se proxectou un documental gravado por Xan Leira hai case vinte anos na propia casa do protagonista e na Federación de Asociaciones Gallegas do país de acollida. 

Exponav acolle ata final de mes unha mostra do pintor e gravador Albino Fernández

Te puede interesar