Ferrolterra chega a oito Soletes coa incorporación á lista do cedeirés Kilowatio

Ferrolterra chega a oito Soletes coa incorporación á lista do cedeirés Kilowatio
O municipio cedeirés entra nunha lista na que hai outros sete establecementos de Ferrolterra I D.A.

Chiringuitos, terrazas, xeaderías, bares, cafeterías, restaurantes, hamburgueserías, bocaterías, viñotecas e todo tipo de establecementos máis ou menos formais forman parte da selección que a Guía Repsol fai cos seus Soletes. En Ferrolterra contábase con sete locais galardoados e agora súmase o Kilowatio, en Cedeira. Del dise que é un “clásico de racións nas Rías Altas” e destacan as súas croquetas, o seu filete con salsa de queixo e a ensaladilla. Tamén valoran a súa ubicación fronte á praia da Madalena.


Un Solete teno tamén O Semáforo de Bares, destacando a terraza do hotel sobre o acantilado, as vistas do faro e os seus almorzos.


Na comarca tamén forman parte deste clube O Gaiteiro, en Fene (“unha sorpresa a pé de estrada, un lugar inesperado” cunha “bodega excelente”), e O Chamizo da Campa, en Ares (“chiringuito emprazado nun entorno natural preto da praia de Seselle para tomarse unha pizza, unha hamburguesa ou un perrito cunha cervexa ben fresquiña”).

 

 

Na praia e na cidade


En Ferrol, os Soletes destacan O Alpendre de Doniños, un chiringuito pegado á praia no que tomar “unha hamburguesa con patacas, unha ensalada rica ou un bocadillo nunha paraxe inolvidable”.


Xa na cidade cóntase con tres establecementos dentro desta categoría propicia para o verán. Trátase do Josefa’s Bar (rúa San Francisco), A Barcia e David Freire. No primeiro caso sublíñase na Guía que é “o irmán pequeno do restaurante O Camiño do Inglés” e que nel reivindícase “a cociña de bar, o tapeo ferrolán e as receitas da avoa Josefa”.


De A Barcia (Cantón) sublíñanse as súas propostas “de corte desenfadado”, con “influencias viaxeiras e unha ubicación privilexiada para reinventar o tapeo ferrolán”. Recomendan o “hot dog” de rape á cedeiresa e o bocatín do chipirón.


O restaurante David Freire (rúa Manuel Belando), “escondido nun barrio pouco turístico”, é “un deses lugares que paga a pena descubrir polo seu produto e pola súa cociña sólida e sen estridencias”. 

Ferrolterra chega a oito Soletes coa incorporación á lista do cedeirés Kilowatio

Te puede interesar