O centro cívico de Caranza estréase nesta tarde de sábado, a partir das 18.30 horas, como sede do festival de Teatro de Obxectos e Monicreques Festea, que organiza o Concello de Ferrol baixo a dirección de Plamen Dipchikov.
Esta primeira sesión no barrio, posto que tamén acollerá outra función o vindeiro sábado 23, estará protagonizada pola compañía Coriolis Teatro, que vén dende Uruguai a presentar a súa peza “Trapos”, que se dirixe a todo tipo de públicos.