Folga estudantil polo dereito á vivenda fronte á Xunta

A mobilización está convocada para esta mesma mañá de mércores
Folga estudantil polo dereito á vivenda fronte á Xunta
Imaxe dunha folga estudantil pasada | JORGE MEIS

O dereito fundamental a unha vivenda digna será defendida hoxe na praza Camilo José Cela, fronte ao edificio da Xunta de Galicia, nunha folga estudantil que convoca Erguer a nivel autonómico. A mobilización está prevista para as 12.00 horas e persegue o seu obxectivo baseándose en tres piares fundamentais.


En primeiro lugar, reclámase aumentar o número de prazas dispoñibles nas residencias públicas, por medio da rehabilitación das edificacións antigas e a construción doutras novas. En todo caso, rexéitanse as opcións concertadas por considerarse inaccesibles para a maioría.


A segunda parte da protesta radica na necesidade dunha bolsa de vivenda pública en réxime de aluguer para os estudantes a prezos axeitados á súa renda. Por último, esíxese instaurar políticas activas que garantan o acceso a unha vivenda digna a través da regulación destes prezos, de xeito que se controle o seu ascenso desorbitado, empregando todas as ferramentas xurídicas e fiscais dispoñibles para facelo posible. 

Folga estudantil polo dereito á vivenda fronte á Xunta

Te puede interesar