O Laboratorio de Análise Estrutural do Citeni supera as limitacións do Eurocódigo

O Laboratorio de Análise Estrutural do Citeni supera as limitacións do Eurocódigo
O investigador nas instalacións do Laboratorio de Análise Estrutural | CEDIDA

O investigador Manuel López e o equipo do Laboratorio de Análise Estrutural –LAE– do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais –Citeni–, con sede no Campus Industrial da UDC, acadaron un fito importante coa publicación en “Engineering Structures” dunha ecuación innovadora que amplía o alcance do Eurocódigo para o cálculo da rixidez en unións semirríxidas de estruturas de aceiro, mediante unha metodoloxía que combina ensaios experimentais, modelos avanzados de elementos finitos e modelos mecánicos.


Na actualidade, o campo da enxeñaría estrutural benefíciase enormemente do uso do método dos elementos finitos –FEM, seguindo as siglas en inglés–, unha técnica de análise numérica que permite simular o comportamento de estruturas baixo diferentes condicións de carga e xeometrías.


Grazas ao cálculo e á análise mediante o FEM, redúcese a necesidade de realizar ensaios con prototipos, minórase o tempo de desenvolvemento de proxectos e conséguese unha análise estrutural máis detallada e precisa. 

O Laboratorio de Análise Estrutural do Citeni supera as limitacións do Eurocódigo

Te puede interesar