Luis Arantón ingresa na Real Academia de Enfermaría de Galicia cun acto no Marcide

Luis Arantón ingresa na Real Academia de Enfermaría de Galicia cun acto no Marcide

O enfermeiro da Área Sanitaria ferrolá Luis Fernando Arantón Areosa ingresou onte na Real Academia de Enfermaría de Galicia cunha cerimonia que se celebrou no salón de actos do Arquitecto Marcide e na que estiveron presentes o presidente da institución, Isidoro Rodríguez; e o xerenta da Área, Ángel Facio.


No seu discurso de ingreso, Arantón falaou das orixes e do impacto do programa Úlceras Fóra, para a prevención e tratamento da integridade cutánea, un ámbito no que os profesionais da Área teñen unha longa experiencia. “Para min o máis destacable é o aforro en vidas humanas e en lesións evitadas, que se puideron previr”, explica ao respecto o xa académico. “Tamén o incremento da calidade de vida e autonomía dos pacientes que, aínda sufríndoas [as úlceras] foron de menor entidade e curáronse moito mellor e máis rápido”.


Un bo coñecemento dos materiais e tratamentos para o seu óptimo uso segundo as feridas permitiu ademais aforros, “só nos primeiros anos do programa, duns 25 millóns de euros”. Foi, apunta Luis Arantón, “unha iniciativa que os profesionais fixeron súa e por iso segue a funcionar tantos anos despois”.


Luis Arantón Areosa traballa na actualidade no centro de saúde de Narón. Foi durante case nove anos director de Enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol. É doutor pola Universidade da Coruña e profesor asociado na Facultade de Enfermaría e Podoloxía, na mesma universidade. 

Luis Arantón ingresa na Real Academia de Enfermaría de Galicia cun acto no Marcide

Te puede interesar