O programa Cine na Rúa, que organiza o goberno local de Cariño en colaboración coa Rede Cultural da Deputación, ofrece tres proxeccións de balde e para todos os públicos esta fin de semana na Praza da Pulida, en todos os casos a partir das 22.30 horas.
O venres comezan as propostas coas aventuras de “Dc Liga de Súpermascotas” e o sábado continúan co título “Lightyear”, un spin-off da popular “Toy Story”. Para rematar, o domingo ofrecerase a película sobre viaxes no tempo “Salta!”.