A praia cabanesa da Magdalena ven de incorporarse á Rede Galega de Praias sen Fume

A praia cabanesa da Magdalena ven de incorporarse á Rede Galega de Praias sen Fume
Un momento da visita da directora xeral a praia da Magdalana | cedida

A Rede Galega de Praias sen Fume conta na actualidade con 224 arenais libres de tabaco, logo de incluir dez máis nos últimos tempos. A iniciativa en cuestión “ten un fin educativo e de sensibilización social e remarca a importancia da conduta da poboación adulta coa idea de que sirva de modelo para os máis novos”, como subliñan desde Sanidade.


Unha de esas últimas incorporacións á rede foi a praia de A Magdalena, en Cabanas.


A directora xeral de Saúde Pública da Xunta, Carmen Durán, ven de visiar o arenal cabanés xunto co rexedor municipal, Fernando Couce, e afirmou que este programa botou a andar xa no ano 2016, “sendo Galicia a primeira comunidade que puxo en marcha un proxecto deste tipo”. Os obxectivos desta rede inciden na promoción dunha vida sen tabaco, a desnormalización do seu consumo por parte da sociedade e o respecto e o coidado polas praias e o medio ambiente. Durán tamén deu grazas ao concello cabanés, así como a todos os que integran a rede, “por axudarnos a reducir o impacto do tabaco nos nosos areais e pola vosa implicación para reducir o consumo de tabaco nas praias e en xeral”.


Pola súa banda, o alcalde, agradeceu o traballo da Xunta e engadiu que “Cabanas é un concello comprometido co deporte e cos hábitos de vida saudables” manifestou a súa ledicia por acadar o nivel de Concello de Ouro con dúas praias libres de fume. Así mesmo subliñou que “seguiremos a traballar para erradicar o tabaco na medida do posible e xa de paso nos ofrecemos a participar noutras iniciativas en marcha como os parque infantís libres de fume”, dixo. l

A praia cabanesa da Magdalena ven de incorporarse á Rede Galega de Praias sen Fume

Te puede interesar