“A culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego” é o título do libro que dará a coñecer a súa autora, a ilustradora e baixista Laura Romero, no centro social Artábria. O acto terá lugar esta tarde, a partir das 20.00 horas, e clausurará cunha sesión musical a cargo de Pepe Cunha, un dos participantes da presentación.
Laura Romero estará acompañada do xornalista e escritor Fernando Fernández Rego, que vén de publicar “Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo e underground”. Ademais, a sesión tamén contará coa colaboración do locutor e director do portal abretedeorellas.com, Pepe Cunha. Este será protagonista do peche do evento, unha vez rematada a parte literaria, dado que achegará a nota musical por medio dunha pinchada.