Profesor de Estatística e Investigación da UDC dende 1991, Ricardo Cao preséntase como un dos candidatos para o posto de rector con un programa planteado sobre a humanización do centro, o impulso da participación e a renovación xeracional.
¿Por qué considera que é o máis adecuado para o posto de rector?
Humildemente, creo que coñezo a universidade. Para min é unha gran honra formar parte dela. Levo moitos anos nela e gústame moito o que fago: a docencia e a investigación. De ser elixido como rector, as miñas obrigas cambiarían porque dedicaríame máis á xestión, pero tamén posúo certa experiencia neste apartado como veicerreitor durante catro anos. Tamén teño a inmensa sorte de contar cunha mesa que tamén teñen moita experiencia. Estas 10 persoas (7 mulleres e tres homes) son magníficos individuos, xestores e investigadores.
¿Qué retos espera?
Un dos retos é poñer en marcha as reformas precisas para desenvolver a LOSU (Lei Orgánica do Sistema Universitario). Esta lei marca unha serie de prazos nos que temos que facer reformas como ter uns novos estatutos que contemplen estes cambios e que teñen que ser feitos en dous anos. Logo hai outras cousas; como aumentar a participación da comunidade universitaria nos órganos de goberno ou nas eleccións. Certo é que as de reitor da UDC veñen sendo das máis activas, pero aínda así é moi baixa. En España é practicamente imposible encontrar centros que chegen ao 30% de participación. Tamén resulta importante a renovación xeracional do persoal. O ministro das universidades falou de que nos vindeiros 8 anos, máis do 50% dos docentes e investigadores vanse xubilar; esa é unha cifra tremendamente grande. Preocuparía ter ese horizonte e que non o planeemos; non podemos estar expectantes ante eso.
Usted ten falado de querer humanizar a universidade. ¿Cómo o plantexa?
Tivemos un proceso de escoita moi longo; tanto individual, en xuño e xullo, como colectivo, en setembro e outubro. Estivemos falando con perto de 600 persoas dos distintos colectivos. Nesas escoitas era bastante demandado humanizar á universidade; que sexa un lugar máis agradable para pasar tempo nela porque moitos de nós pasamos moito tempo nela. Refírome a humanizar os espazos e facer máis facil que un se traslade utilizando un medio de transporte público e eficiente. Tamén se trata de impulsar a equidade e idear formas de solucionar os problemas de vivenda dos estudantes a través de acordos coas administracións públicas e coas propias residencias universitarias.
¿Podería facer un adianto do seu programa no caso de ser elexido?
Algunhas das cousas que comentamos están reflectidas no programa. Está estruturado en seis apartados. Un ten que ver coa xente e as medidas concretas para o persoal de administración.Tamén plantexamos a creación de microtitulacións para prolongar a formación. A igualdade é unha das patas da LOSU e na nosa proposta levamos unha vicereitoría específica de igualdade e diversidade.
Fermín Navarrina acaba de anunciar a súa intención de postularse. ¿Que lle parece esta candidatura?
É un pracer poder debatir e confrontar ideas. Levamos traballando moito nesta candidatura; máis de 5 meses, creo lembrar. Fixemos este proceso de escoita e de interacción coa comunidade universitaria. Estamos encantados de confrontar o que creemos e as consecuencias de todo o noso traballo coas propostas doutros candidatos