A segunda semifinal do "Canta Ferrol" reuniu a dezaoito participantes

A segunda semifinal do "Canta Ferrol" reuniu a dezaoito participantes
Imaxe dos participantes na semifinal deste mércores I XOEL RODRÍGUEZ

O teatro Jofre volveu ser escenario esta tarde do talento musical da mocidade da comarca coa celebración da segunda semifinal do certame “Canta Ferrol”, impulsado desde o Concello, na que tomaron parte un total de dezaoito rapaces e rapazas de diferentes centros educativos: Ainara Moré, Aitana Dopico, Ana Vitoria Ferreira, Carmen Sánchez, Carolina Panadero, Dora Chao, Enya Magallón, Gabriela Rodríguez, Icía Cribeiro, Laura Picos, Lía Beceiro, Nuria Cornide, Paula Salido, Sabela Tenreiro, Sara Blanco, Shariff Ardá, Wengel Espada e Xamira Sixto interpretaron as súas pezas ante un teatro copado por familiares e amigos dos concursantes. 

 

A sesión permitiu gozar de temas de artistas como Adele, Aitana, Rihanna ou Bruno Mars, entre moitos outros. A gala celebrada onte será retransmitida de forma íntegra o vindeiro día 4, ás 20.00 horas, a través de Youtube.


Tamén a través desta canle se terán que efectuar as votacións correspondentes a este grupo entre o propio día 4 e o 9 de abril. Este venres concluirá o prazo para emitir as votacións da primeira semifinal, con quince competidores, logo de ampliarse o prazo inicialmente previsto tralo ataque informático sufrido pola páxina de Instagram do certame, que foi bloqueada. A final do evento, que encara a súa cuarta edición, terá lugar o 14 de abril no Auditorio de Ferrol. 

A segunda semifinal do "Canta Ferrol" reuniu a dezaoito participantes

Te puede interesar