Unha mostra de José Polo Taibo súmase aos atractivos para o visitante na oficina de turismo

O centro localizado na praza de España acollerá as obras até o luns
Unha mostra de José Polo Taibo súmase aos atractivos para o visitante na oficina de turismo
A concelleira de Turismo, Maica García, co artista, José Polo Taibo | CEDIDA

A oficina de turismo localizada na praza de España alberga unha exposición pictórica de José Polo Taibo, no que se inmortalizan distintos espazos da cidade e barrios de Ferrol. Esta mostra poderá visitarse tanto en horario de mañá como de tarde até o luns.


Na xornada de onte, a concelleira de Turismo, Maica García, visitou a exposición de pintura do artista local, coa que o Concello amplía os recursos expositivos dos que dispoñen tanto os visitantes como os cidadáns durante estas datas festivas.


Para esta proposta, que se poderá ver durante esta semana de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas na oficina de turismo, o pintor seleccionou unha serie de cadros que son representativos de Ferrol. Nestas imaxes artísticas, o público poderá identificar distintos barrios da localidade como pode ser o de Esteiro ou tamén outros espazos históricos como poden ser o castelo de San Felipe ou os xardíns de Herrera, entre outros recunchos que foron ilustrados. 

Unha mostra de José Polo Taibo súmase aos atractivos para o visitante na oficina de turismo

Te puede interesar