A delegación galega do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e a Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España organizan, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, a charla “O impacto da Intelixencia Artificial na Construción Naval”. O salón de actos do Vicerretorado será o escenario da sesión, que se celebrará o vindeiro martes 19, ás 18.15 horas.
Nesta ocasión, a conferencia virá a cargo de Rodrigo Pérez Fernández, doutor Enxeñeiro Naval.
Este encontro diríxese tanto aos estudantes de grao e másteres, así como ao público xeral interesado na materia. Aqueles que desexen asistir deberán formalizar a inscrición nun formulario ao que se pode acceder directamente neste enlace.