Vicky Seijo, autónoma en Ruda (Ferrol): “Sen axuda, ao principio é practicamente imposible”

"Non sei como se podería facer máis atractivo, pero si o que tes que ter: moitas ganas”
Vicky Seijo, autónoma en Ruda (Ferrol): “Sen axuda, ao principio é practicamente imposible”
Vicky Seijo, na súa tenda da praza de Canido | Daniel Alexandre

“Non é nada doado e se non tes apoio, menos”. Así resume Vicky Seijo os seus inicios no mundo do traballo autónomo, ao que se incorporou hai tres anos desde unha experiencia anterior como empregada pública. “Para a xente nova é practicamente imposible, sen aforros que aínda non tes precisamente porque es xoven, e sen axuda familiar é realmente complicado”, sostén. 

 

Ela puido recibir ese primeiro empurrón grazas a que capitalizou o paro, o que lle permitiu botar a andar o seu soño: unha tenda de artesanía (roupa, láminas ou cerámica) no barrio de Canido. Para Seijo é duro “pasar de pagar 0 a 255 euros, por poñer un caso” e reclama unha cota intermedia entre o primeiro ano de tarifa plana e a achega estándar”. 

 

Con todo, a emprendedora ten claro que os impostos “son importantes para todo” e apunta que “noutros sitios non hai esas cotas pero logo teñen uns impostos moitisimo máis altos, así que ao final é unha cousa por outra”.

 

 

Sobre como podería facerse máis atractivo o traballo autónomo, Vicky Seijo non se atreve a dar unha “receita”, pero si se anima a identificar “o que tes que ter: moitas ganas, sacrificarte moito e, aínda que pareza unha contradición, aprender tamén a non sacrificarte tanto porque, se non, ao final vives por e para o negocio e tampouco é iso porque pode levar a queimarte”. 

Vicky Seijo, autónoma en Ruda (Ferrol): “Sen axuda, ao principio é practicamente imposible”

Te puede interesar