Xornada mariñeira en Redes na celebración dunha Festa da Cabria con especial atención á rapazada

Xornada mariñeira en Redes na celebración dunha Festa da Cabria con especial atención á rapazada
Os máis pequenos tiveron oportunidade de practicar nunha cabria "junior" I D.A.

A festa da Cabria consolídase como un dos grandes eventos do verán en Redes e onte volveu encher a vila de xente interesada na recuperación dunha tradición mariñeira típica do lugar como eran as cabrias. Estas estruturas de madeira colocábanse cravadas no mar e alí colgábanse as redes a secar e de aí vén o nome da localidade.


Nesta ocasión púxose especial énfase en ofrecer actividades aos máis pequenos, que tiveron o sábado un obradoiro de iniciación ao penduraro das redes e que onte puxérono en práctica na que se montou na praza especialmente para eles, logo dun desfile. Tamén houbo para eles xogos e un taller de confección de pexies de vimbio.


O acto central da xornada celebrouse contra o mediodía. Esta exhibición etnográfica estivo acompañada da música das gaitas de Trouleada. No apartado gastronómico servíanse racións de polbo nun posto, a maiores da variada oferta da hostalería da parroquia de Caamouco.


Outro dos atractivos do día foi a feira de artesanía, un mercado no que atopar produtos feitos con madeira, coiro ou metal e que contou ademais coas exhibicións de cesteiría e encaixe dos obradoiros da Agrupación Instrutiva, con mestras e alumnas.
Redes contou por segundo ano consecutivo coa presenza da asociación de redeiras O Fieital, de Malpica, que ofreceu no Pedregal unha demostración do traballo de cosido e arranxo das redes. Houbo oportunidade de falar con elas e tamén de colaborar e aprender a poñer a punto os aparellos.

 

Festa da cabria foto dani dos
Na Festa houbo ocasión de aprender a coser e reparar as redes I D.A.

Xornada mariñeira en Redes na celebración dunha Festa da Cabria con especial atención á rapazada

Te puede interesar