Unhas xornadas da RAG analizarán a toponimia e onomástica na historia da literatura galega

Unhas xornadas da RAG analizarán a toponimia e onomástica na historia da literatura galega

O próximo 15 de outubro o Museo de Pontevedra acollerá unhas xornadas organizadas pola Real Academia Galega que profundarán na historia da toponimia e a onomástica nas letras galegas.

 

O encontro contará coa participación de expertos que analizarán as raíces de nomes propios empregados na literatura galega, como a Maxina de Marcial Valladares ou o Balbino de Neira Vilas.

 

 Tamén estará sobre a mesa a elección de topónimos para ambientar as historias, desde aqueles reais como Bastavales ou Lestrobe que usou Rosalía aos que están a medio camiño entre realidade e ficción, como as Terras de Miranda de Cunqueiro. 

 

A programación da VII Xornada de Onomástica Galega complétase cunha mesa redonda na que as escritoras Berta Dávila, Fina Casalderrey e Marcos Calveiro compartirán con Marilar Aleixandre os camiños que lles levan a escoller os nomes dos protagonistas das súas novelas. 

 

O broche á xornada, para a que é preciso anotarse para asistir presencial e que tamén poderá seguirse na páxina web da Academia, poñerao Xosé María Álvarez Cáccamo cun acto poético baseado en topónimos. 

Unhas xornadas da RAG analizarán a toponimia e onomástica na historia da literatura galega

Te puede interesar