Os cursos da Cemit de Canva e Ferramentas dixitais para marketing xa teñen aberto o prazo

Estas formacións teñen unha duración de 180 horas cada unha
Os cursos da Cemit de Canva e Ferramentas dixitais para marketing xa teñen aberto o prazo
A aula Cemit de Xuvia acollerá as dúas propostas formativas | CEDIDA

A Aula Cemit de Xuvia ofrecerá dous cursos do 6 de marzo ao 12 de maio: un de Canva e outro de Ferramentas dixitais para marketing. Cada unha das formacións contará con doce prazas, que xa se poden reservar a través de enlaces diferenciados, neste enlace para o primeiro caso, e neste outro para o segundo.


O curso de Canva e outras utilidades terá unha duración de 180 horas, a mesma que na outra proposta, e realizarase en horario matutino, entre as 9.30 e as 13.30 horas. Pola contra, a formación en Ferramentas dixitais para marketing e produtividade levarase a termo en turno de tarde, de 16.00 a 20.00.

 

Contidos

No curso de Canva o alumnado aprenderá, en primeiro lugar, aspectos máis básicos como que é esta ferramenta, como se crea unha conta ou a súa interface. Do mesmo xeito, abordaranse contidos como os tipos de proxectos e formatos, a aplicación ás redes e infografías, entre moitas outras utilidades.


No caso do segundo curso, aprenderanse conceptos de produtividade e marketing dixital, así como introducións a ferramentas como a de publicidade Google Ads, Youtube Studio e Tag Manager, entre outras ferramentas útiles. 

Os cursos da Cemit de Canva e Ferramentas dixitais para marketing xa teñen aberto o prazo

Te puede interesar