A Semana Europea da Mobilidade finaliza no concello de Narón cunha xornada de descontos durante toda a tarde deste mesmo luns, a partir das 17.00 horas, con motivo da celebración o Día do Neno.
Estas baixadas de prezo están destinadas a que os máis pequenos disfruten das atraccións infantís localizadas na avenida Cataluña, na Gándara, que se pechou ao tráfico rodado en diferentes tramos dende o pasado xoves e permanecerá até a noite deste luns.